mércores, 19 de xuño de 2024

Actividades do programa Lectura e familias no curso 2023-24

No presente curso académico, as actividades vinculadas ao programa estiveron vinculadas á recolleita de cantares populares da familia do alumnado de 2º e 3º da eso, continuando a liña de traballo iniciada no curso anterior. Froito desta recollida, é un novo volume, Os nosos cantares II


 

Como ocorre coa publicación anterior, á parte da edición en libro distribuída entre o alumnado participante, podemos acceder á edición dixital do libro (premendo  aquí ) e ás gravacións en audio ou vídeo dos textos incluídos (premendo aquí).

O alumnado participante na recolleita tivo como actividade final un Obradoiro de regueifa o 28 de maio impartido por Antonio Reboiro da asociación Erre que erre regueifa rabuda. Para acceder ás fotos e vídeos do mesmo premer aquí.


 

Finalmente, as profesoras responsables da recollida e 3 dos alumnos participantes presentaron a nova edición de Os nosos cantares en Radio Negreira o 18 de xuño, dialogando con Emilio Forján. Para acceder ao podcast da entrevista premer aquí aquí e tamén na páxina web do Concello de Negreira  (aquí)



Actividades do programa Lectura e familias no curso 2023-24

No presente curso académico, as actividades vinculadas ao programa estiveron vinculadas á recolleita de cantares populares da familia do alu...